Don´t worry, que maloserá!!!

Acción – Concurso

"Trailer maloserá"

BASES CONCURSO

GADISA RETAIL S.L.U., levará a cabo un concurso dende o próximo 14 de Xullo ata o 30 de Agosto de 2011 ambos os dous inclusive, baixo a modalidade de “KARAOKE”  e o " SUPERGAITEIRO",  os que se desenvolverán na Web de Maloserá, www.malosera.com, www.enerxiapositiva.com  e na que poderán participar todas as persoas que queiran nas condicións que a continuación se detallan.

Acción
Un camión-escenario durante o verán (do 14 de xullo ao 30 de agosto) estará de xira por Galicia para que a xente das distintas localidades poida participar nas duas accions. As localidades que percorrerrá o trailer é nas que se realizarán as actividades son: Vigo, Xinzo, Cambados, Pontedeume, As Pontes, Ourense, A Coruña,Sanxenxo, Carballo, Ferrol, Riveira, Foz, Vilagarcía, Betanzos, Carballiño, Cee, Sada, Melide, Viveiro e Forcarey. O calendario será o establecido pola organización e publicado a través da Web de Maloserá. Este itinerario poderá sufrir cambios por motivos de forza maior.


Todos aqueles que queiran e poidan participar nas acciones (ver mecánica) terán que subir ao noso escenario (instalado no camión) e cantar no noso Karaoke a canción da fórmula secreta Don’t worry, que Maloserá!!!, en calquera das versions: Ska, Rock ou A Capella. Poderán cantar en grupo ou individualmente ou imitar ao protagonista do anuncio de Vivamos como galegos, o supergaiteiro e encher o planeta de enerxía positiva. Mentres tanto, un operador de cámara grabará ( no caso do Karaoke) ou realizará fotos de cada participante (no supergaiteiro).


Os vídeos e as  imaxes dos participantes estarán colgadas na web, sempre que cumplan as condicions de participación.

As duas accions están diferenciadas:
A primeira, “KARAOKE” , consiste unicamente en que os participantes que queiran suban e canten no noso Karaoke o jingle da fórmula secreta “Don´t worry que malo será!!!!”. Esto grabarase e colgarase na web, www.malosera.com www.enerxiapositiva.com


A segunda, “SUPERGAITEIRO", consiste en imitar ao protagonista do anuncio Vivamos como galegos. Un fotográfo, realizará unha foto que se colgará na web, www.malosera.com , www.enerxiapositiva.com .

Os vídeos e as  fotos dos participantes estarán instalados na web dentro dos seguintes días á realización da súa actuación no Camión-escenario, sempre que cumplan as condicions de participación.

Todos os concursantes entrarán nun sorteo de 2 entradas para o Festival Rock’nWay. O sorteo realizarémolo o mesmo día da acción.

Haberá dous sorteos cada día: ás 20:30h. e ás 22:30 h. Deposita o teu número de participante na urna para poder entrar no sorteo e preséntate a esas horas para poder gañar as entradas. Terás que estar presente para poder gaña-las entradas.

Premios
Todos os participantes entrarán no sorteo de 16 entradas diarias ( cada unha para duas persoas) para o Concerto Rock in way que se celebrará o 9 e 10 de Septembro en Santiago, no Monte do Gozo.

Condicións de participación
Para poder participar na promoción deberase cubrir o formulario de partipación, onde figuran as condicions do tratamento de datos, asi como a cesión de dereitos de imaxe.

Maiores de idade, unha vez cuberto o formulario e asinado deberán de presentar o seu DNI

Menores de idade, poderán participar no concurso, deberán estar acompañados polo seu representante legal, identificarse e firmar a autorización. Os  maiores de 16 anos é necesario que presenten o seu DNI.

Poderán participar na acción sen autorización do seu representante legal, sen a realización de fotos ni videos, os menores de idade, entre 14 e 18 anos  presentando o DNI.

Obtención de fotos
Todos os participantes poden solicitar as suas fotografias por correo electrónico a esta dirección: administrador@vivamoscomogalegos.com. Dende esta dirección, prévio chequeo do solicitante, enviaran a foto, nun prazo máximo de 4 días.

Utilización de nombres de ganadores
O gañador do premio autoriza a GADISA RETAIL S.L.U para utilizar publicitariamente o seu nome e imaxe en medios e material publicitario.

Comunicación del Concurso
O concurso poderá ser comunicado a través dos medios que habitualmente utiliza Supermercados Gadis para dar a coñecer as súas campañas publicitarias: Internet, radio, folletos, carteis en punto de venda e publicidade exterior.

Proteción de datos
En virtude do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informámoslle de que os seus datos de carácter persoal que voluntariamente facilite mediante o formulario de participación e da veracidade da cal responde serán incluídos e tratados de modo confidencial no ficheiro VIVAMOS COMO GALEGOS!, debidamente inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxo Responsable é a empresa Gadisa Retail, S.L.U. e a finalidade da cal é xestionar os datos dos participantes nas accións promocionales da empresa, selección de candidatos para intervir en anuncios publicitarios e comunicacións sobre esta e sucesivas campañas comerciais nas que poida ter interese en intervir.

O interesado autoriza mediante a sinatura do formulario a que os seus datos sexan tratados do modo e coa finalidade descritos, autorizando expresamente a Gadisa Retail, S.L.U. a utilizar os seus datos persoais, en concreto fotografías e/ou gravacións de video realizadas durante as diversas accións promocionales nas que tome parte, nos materiais complementarios a estas, así como autorizando expresamente a súa publicación nas campañas a través das páxinas Web www.vivamoscomogalegos.com, www.malosera.com, www.enerxiapositiva.com en Internet co fin de cumprir coa finalidade arriba descrita.

 Todos os materiais producidos son propiedade exclusiva de Gadisa  Retail, S.L.U.En o suposto de que a persoa interesada en tomar parte  na promoción sexa menor de idade, deberá contar co consentimento do seu representante legal ou titor debidamente identificado mediante o seu DNI, consentimento que deberá ser oportunamente acreditado en forma escrita, requisito sen o cal a solicitude non será considerada.

O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por correo postal a Gadisa Retail, S.L.U., ao Polígono de Piadela, s/n, de Betanzos, provincia de A Coruña (C.P. 15300), Referencia "protección de datos: Vivamos como galegos" a través dun escrito asinado ao efecto achegando unha fotocopia do seu DNI.

Aceptación de las Bases
Os participantes, polo mero feito de participar no presente concurso, aceptan as súas bases e o criterio de GADISA RETAIL S.L.U. en canto á resolución de calquera cuestión derivada deste.

©2008 Gadisa | contacto | www.vivamoscomogalegos.com
Para ver correctamente esta páxina é necesario ter o plugin de Flash e javascritp activado.

Deprecated: Function mysql_db_query() is deprecated in /home/bapcmun0/public_html/vivamoscomogalegos.com/includes_verano_2011/mysql.php on line 61

Deprecated: mysql_db_query() [function.mysql-db-query]: This function is deprecated; use mysql_query() instead in /home/bapcmun0/public_html/vivamoscomogalegos.com/includes_verano_2011/mysql.php on line 61