Faite unha foto co filtro máis molón de todo instagram!

Que vivan os que se levantan cedo, como Mari Carmen, para facer os cocidos e as empanadas! Si, ela é unha desas persoas que fan que ser galego mole. Apaixonada da cociña, dedica horas e horas a arrincarlles os mellores sorrisos aos seus. Por iso, seus fillos quixeron darlle as grazas por todas as horas de cariño e axuda.

Que vivan os que manteñen viva a nosa música, como a familia Seivane, que ten unha conexión moi especial coa gaita galega.
Álvaro Seivane dedícase á construción de gaitas e o seu taller fai 80 anos. Por iso, a súa familia quixo facerlle esta emotiva homenaxe.

Que vivan os que coidan do noso, como Rafael, veciño de Ortigueira, que colocou o famoso banco no miradoiro de Loiba, e desde entón é o banco máis bonito do mundo. Case sen querelo, Rafael conseguiu facer viral esta paraxe turística e, por iso, recibiu esta homenaxe dos seus.

Que vivan os que levan toda a vida coidando dos seus, como Amparo, que dedicou a súa a coidar da familia levando adiante o seu negocio. O seu contorno decidiu facerlle unha homenaxe por toda unha vida de dedicación. Ademais, a sorpresa contou cun final moi especial: un mural coa súa imaxe, que a consolida como unha heroína galega.

Se ti tamén queres darlle as grazas a alguén que fai que a nosa forma de vida mole, compárteo e menciona esa persoa.